| |
 |
| Páxina en período de Construcción |
UN BANCO QUE FUNCIONA SEN CARTOS !!! |
|
| |
 |
| |
¿Para que serve? |
| Para favorecer os intecambios gratuítos de tarefas/traballos/servizos entre a cidadanía, axudando a resolver necesidades da vida diaria das persoas participantes, polo que facilita a conciliación da vida persoal, familiar e laboral. |
| SUBIR |
| |
¿Se non hai cartos... como se pega e como se cobra? |
Coas horas.
As tarefas/traballos/servizos midense en horas, en tempo.
Todas as horas teñen o mesmo valor. |
| |
¿Que normas ten? |
| Hai uns estatutos e un regulamento interno que establece o funcionamento do propio Banco do Tempo de Riveira, que coñecerán todas as persoas que desexen participar. |
| SUBIR |
| |
¿Como funciona? |
As persoas que desexen participar como socias deberán dirixirse a Secretaría do Banco do Tempo de Riveira e cubrir a Carta de Ahesión, na que informan as tarefas/traballos/servizos que ofrecen, indicando en qué días e a qué horas.
O instrumento de pago das tarefas/traballos/servizos prestados e recibidos nos intercambios é un Talonario de Horas
A xente do Tempo é a persoa encargada de facer o rexistro das inscricións e dos intercambios, así como de levar o control dos créditos de horas de cada persoa socia. |
| SUBIR |
| |
¿Que intercambios se poden facer no Banco de Tempo de Riveira? |
| As persoas poden ofrecer e solicitar tarefas/traballos/servizos relacionados coas seguintes áreas: |
- Axuda no lar
- Labores de coidado
- Reforzo educativo
- Clases de idiomas
- Arranxos no lar
- Tarefas de artesanía
- Traballos no campo
- Actividades de estética |
- Transporte e axuda nos desprazamentos
- Axuda coas novas tecnoloxías
- Axuda nas compras
- Axuda nas xestións administrativas
- Cociña e repostería
- Coidado ou sepervisión de animais
- Tarefas de xardinería
- Asesoramento nas viaxes |
|
| SUBIR |
| |
¿Quen pode participar? |
| Homes, mulleres, persoas adultas, maioress e mocidade de todo o municipio de Riveira e das súas parroquias de Aguiño, Artes, Carreira, Castiñeiras, Corrubedo, Oleiros, Olveira, Palmeira e Riveira. |
| SUBIR |
| |
Contacto: |
Centro de información á Muller (CIM) de Riveira
Secretaría do Banco do Tempo
Rúa de Correos nº5
Teléfono: 981 874 131 - 981 873 409
Fax: 981 873 955
cim@riveira.com
Horario de Secretaría: luns de 17:00 a 18:00 horas |